Una altra de catàstrofes / Outra de catástrofes

September 4, 2005


(www.nytimes.com)

He de reconèixer que no he fet gaire esforç per informar-me de tot el que es refereix a aquest nou fort toc d’atenció que ha donat la Terra. Potser penseu que sóc un frívol, però quan ocorren aquest tipus de catàstrofes sempre entro en contradicció entre el desconsol i la fascinació.

Avui, després d’un agradable dinar , m’han parlat d’aquesta opinió d’en Barreiro Rivas, que de vegades l’encerta just al lloc on fa mal.

Si voleu llegir-ne més, aquí hi ha algú que ho viu a prop.

[Banda Sonora: The Strokes – is this it]

Outra de catástrofes (galego)

Teño que recoñecer que non fixen demasiado esforzo por informarme no que se refire a este novo forte toque de atención que deu a Terra. Supoño que pensaredes que son un frívolo, mais cando ocorren este tipo de catástrofes sempre entro na contradicción entre o desconsolo e a fascinación.

Hoxe, despois dun agradábel xantar, faláronme desta opinión de Barreiro Rivas, que ás veces acerta xusto onde doe.

Se queredes ler máis, aquí hai alguén que o está vivindo de perto.

Que podemos facer? / Qué podem fer?

September 3, 2005

Unha boa amiga envíame este artigo de Ignacio Ramonet.
Nesta tarde de apatía non sei que comentar ao respecto, así que vos deixo o traballo a vós, se queredes, claro.

[Banda Sonora: Fito y Fitipaldis – lo más lejos a tu lado]

Que podem fer? (català)

Una bona amiga m’envia aquest article de l’Ignacio Ramonet.
En aquesta tarda d’apatia no sé pas que comentar al respecte, o sigui que us deixo la feina a vosaltres, si us vé de gust, és clar.

Feed-back

August 20, 2005

...ou en galego retroalimentación. Había xa un tempo que coñecía este blog mais aínda non fixera ningunha referencia a el. Botádelle un ollo. É entretido e ten un punto retranqueiro moi bo.

Ah, por certo, quixera dicirvos a tod@s e especialmente a O’Xirarei que aínda que pareza incríbel o orozquismo supérase a si mesmo. Aquí podedes ver a última. Eu, que vivo (agora só en vacacións) ao lado da Fonte dos Ranchos e tiven que aturar durante anos o nome franquista de Plaza del Ejército Español, non o podo crer.

[Banda Sonora: Franz Ferdinand – franz ferdinand]

Feed-back (català)
... o en català retroalimentació. Feia ja un temps que coneixia aquest blog però encara no havia fet cap referència a ell. Doneu-li un cop d’ull. És entretingut i té un punt d’humor molt bo.

Ah, per cert, vull dir-vos, especialment a O’Xirarei que encara que sembli increïble l’orozquisme se supera a ell mateix. Aquí podeu veure l’última. Jo, que visc (ara només per vacances) al costat de A Fonte dos Ranchos i he hagut de suportar durant molts anys el nom franquista de Plaza del Ejército Español, no m’ho puc creure.

Memoria / Memòria

Pois iso. O máis enternecedor, para min, as imaxes de Antón e Facundo, quizais porque é un recordo de infancia. Boto de menos a aquel paisano da boina. Tranquilidá...

[Banda Sonora: Morodo – cosas que contarte]

Memòria (català)
Doncs això mateix. El més entendridor, per a mi, les imatges d’Antón i Facundo, potser perqué és un record d’infantesa. Trobo a faltar a aquest pagès de la boina. Tranquilidá...

Día da Resaca Galega

July 26, 2005


Visto o panorama do domingo á noite polas rúas compostelás, ese podería ser un máis dos múltiples nomes do 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega...)

En xeral levei moi boa sensación do Festigal deste ano. Moita xente de todas as idades, moitas actividades interesantes e concertos de gran calidade. Só faltou ela.

Foron para destacar, na miña opinión, os directos de La Phaze, Expensive Soul e Dios Ke Te Crew. Mágoa que non puiden chegar ao da Safari Orquestra. Aínda que nunca oín a esta tropa, teñen ao seu favor boas críticas e o feito de que un curmán meu sexa parte integrante. Outra vez será.

E a Fragagá quédanlle dous días de presidente. Desta foi, carallo! Derrubamos ao creador do PP. Agora estaría ben que todo o partido se viñese abaixo en efecto dominó.

Felicidades a tod@s s galegs polo seu día grande.

Dia de la Resaca Gallega (llegir en català) => (more…)

Presidenta

July 20, 2005


Xa temos novA presidentA do Parlamento: Dolores Villarino. Teño que recoñecer, dentro da miña incultura, que non a coñecía de nada. A simple vista a min tenme un aire á segunda de Zapatero, De la Vega.

Non hai nada que me faga desconfiar da nova presi (ben, o certo é que si que teño unha certa prevención respecto á xente do PSOE, mais iso é unha mosca-tras-a-orella xeral).

O único que quería comentar é: Por que non lle propón alguén á Villarino que recupere a forma non deturpada do seu apelido? Non me digades que non pegaría moito máis nos diarios, nas teles, nos documentos Dolores Vilariño ou Dores Vilariño. O cambio do apelido podería valer de demostración dun novo xeito de entender a Normalización Linguística dende o goberno.

Seguro que na Mesa lle poderían botar unha man encantad@s.


Presidenta (llegir en català) => (more…)