Holywater

August 23, 2005

Holywater é o grupo que me pon os pelos de punta unha e outra vez. Dende o primeiro concerto (xa non lembro cando), dende a primeira maqueta, alá polo ano 1999, é a música que me conmove como ningunha outra. As súas cancións acompañáronme sempre nos díficiles anos da adolescencia, cando por máis que procuraba non era capaz de atoparme. Estiveron comigo nalgún amor e en todos os desamores…

[Banda Sonora: Holywater – sides]

Holywater és el grup que em posa la pell de gallina una vegada i una altra. Des del primer concert (ja no m’enrecordo quan), des de la primera maqueta, allà per l’any 1999, és la música que em commou com no ho fa cap altra. Les seves cançons em van acompanyar sempre en els anys difícils de l’adolescència, en aquell temps en el qual no em trobava per molt que em cercava. M’han fet costat en algun amor i en tots els desamors…

Mestizaxe baixo os castiñeiros / Mestissatge sota els castanyers

August 22, 2005

A festa de onte asemellábase á “revolución” de Yushenko. A cor laranxa invadiu a terra de Ánxel Fole. E no xantar, nos contos, nos xogos, nos concertos había case tanta rapazada vasca e catalá como galega.

Aproveitamos o día para facer unha excursión polo Val do Incio. Sigo pensando que é un paraíso, un remanso de paz que por sorte aínda non sucumbiu ao poder omnímodo do eucalipto.

Xa á noite ceamos un riquísimo bocata de lacón (non foi bocadelo de tortela) e mentres tentaba comunicar con aquela luz do mediterráneo comezaron os concertos. Notouse que Xarín si que son profetas na súa terra e coa novidade de Iria no violín (Lucus power!) montaron un concerto de gran calidade. Compartiron escea despois Arán e Mackfeck e o resultado foi moi interesante. Especial sobre todo a cantante irlandesa galegofalante. Non puiden ver a Dixebra porque se nos botou tarde, e hoxe tocábame conducción temeraria pola mañá.

E agora dedicación intensa ao manual de circulación ata o día 2.

[Banda Sonora: Los Planetas – contra la ley de la gravedad]

Mestissatge sota els castanyers (català)

La festa d’ahir semblava la “revolució” de Yushenko. El color taronja va envair la terra d’Ánxel Fole. I al dinar, als contes, als jocs, als concerts hi havia gairebè tant de jovent basc i català com de gallec.

Vam aprofitar el dia per a fer una excursió pel Val do Incio. Segueixo pensant que es un paradís, un racó pacífic el qual per sort encara no ha caigut davant el poder omnìmode de l’eucalipte.

Ja a la nit vam sopar un bonísim entrepà de lacón i mentre intentava comunicar-me amb aquella llum de la mediterrània van començar els concerts. Es va notar que Xarín sí que són profetes a casa seva i amb la novetat d’Iria amb el violí (Lucus power!) van muntar un concert de gran qualitat. Després van compatir escena Arán i Macfeck i el resultat va ser molt interessant. Especial sobre tot la cantant irlandesa “galegofalante”. No vaig poder veure Dixebra perquè van fer tard, i avui em tocava conducció temerària pel matí.

I ara dedicació intensa al manual de circulació fins el día 2.

Terra Brava 2005 !

August 18, 2005

Vantaxes do festival:

Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.

E podería seguir!

[Banda Sonora: Heredeiros da Crus – chicarrón]

Terra Brava 2005! (llegir en català) => (more…)

Día da Resaca Galega

July 26, 2005


Visto o panorama do domingo á noite polas rúas compostelás, ese podería ser un máis dos múltiples nomes do 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega...)

En xeral levei moi boa sensación do Festigal deste ano. Moita xente de todas as idades, moitas actividades interesantes e concertos de gran calidade. Só faltou ela.

Foron para destacar, na miña opinión, os directos de La Phaze, Expensive Soul e Dios Ke Te Crew. Mágoa que non puiden chegar ao da Safari Orquestra. Aínda que nunca oín a esta tropa, teñen ao seu favor boas críticas e o feito de que un curmán meu sexa parte integrante. Outra vez será.

E a Fragagá quédanlle dous días de presidente. Desta foi, carallo! Derrubamos ao creador do PP. Agora estaría ben que todo o partido se viñese abaixo en efecto dominó.

Felicidades a tod@s s galegs polo seu día grande.

Dia de la Resaca Gallega (llegir en català) => (more…)