Mestizaxe baixo os castiñeiros / Mestissatge sota els castanyers

August 22, 2005

A festa de onte asemellábase á “revolución” de Yushenko. A cor laranxa invadiu a terra de Ánxel Fole. E no xantar, nos contos, nos xogos, nos concertos había case tanta rapazada vasca e catalá como galega.

Aproveitamos o día para facer unha excursión polo Val do Incio. Sigo pensando que é un paraíso, un remanso de paz que por sorte aínda non sucumbiu ao poder omnímodo do eucalipto.

Xa á noite ceamos un riquísimo bocata de lacón (non foi bocadelo de tortela) e mentres tentaba comunicar con aquela luz do mediterráneo comezaron os concertos. Notouse que Xarín si que son profetas na súa terra e coa novidade de Iria no violín (Lucus power!) montaron un concerto de gran calidade. Compartiron escea despois Arán e Mackfeck e o resultado foi moi interesante. Especial sobre todo a cantante irlandesa galegofalante. Non puiden ver a Dixebra porque se nos botou tarde, e hoxe tocábame conducción temeraria pola mañá.

E agora dedicación intensa ao manual de circulación ata o día 2.

[Banda Sonora: Los Planetas – contra la ley de la gravedad]

Mestissatge sota els castanyers (català)

La festa d’ahir semblava la “revolució” de Yushenko. El color taronja va envair la terra d’Ánxel Fole. I al dinar, als contes, als jocs, als concerts hi havia gairebè tant de jovent basc i català com de gallec.

Vam aprofitar el dia per a fer una excursió pel Val do Incio. Segueixo pensant que es un paradís, un racó pacífic el qual per sort encara no ha caigut davant el poder omnìmode de l’eucalipte.

Ja a la nit vam sopar un bonísim entrepà de lacón i mentre intentava comunicar-me amb aquella llum de la mediterrània van començar els concerts. Es va notar que Xarín sí que són profetes a casa seva i amb la novetat d’Iria amb el violí (Lucus power!) van muntar un concert de gran qualitat. Després van compatir escena Arán i Macfeck i el resultat va ser molt interessant. Especial sobre tot la cantant irlandesa “galegofalante”. No vaig poder veure Dixebra perquè van fer tard, i avui em tocava conducció temerària pel matí.

I ara dedicació intensa al manual de circulació fins el día 2.

Repito: Non faltedes! / Repeteixo: No falteu!

August 21, 2005


(www.viamichelin.com)

Veña, que aínda estades a tempo de mercar unhas empanadas e unirvos. Vémonos no Incio.

Vimos de moi longas terras, vimos da terra da xesta…
[Banda Sonora: Xarín – gaiteiros do Incio]

Repeteixo: no falteu (català)
Vinga, que encara esteu a temps de comprar unes empanades i afegir-vos. Ens veiem a O Incio.

Terra Brava 2005 !

August 18, 2005

Vantaxes do festival:

Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.

E podería seguir!

[Banda Sonora: Heredeiros da Crus – chicarrón]

Terra Brava 2005! (llegir en català) => (more…)

Día de Cantabria

August 16, 2005

Quedei realmente impresionado. Non era esta a única casa de Cabezón de la Sal engalanada soamente con esta bandeira, nin moito menos. As bandeiras cántabras contábanse cos dedos dunha man. (Como estarán as galerías o Día de la Hispanidad?) E mentres o presidente de Cantabria, nesta mesma vila, alertaba ás montañesas e montañeses do perigo luciferino de que os malvados separatistas formulen un órdago á unidade de España. España roja y rota!!. En fin.

Nun recuncho, ao final da Avenida (Avenida Generalísimo, por certo), un rapaz con bandeira de Galiza no peito vendía chapas, adhesivos e camisolas coa bandeira de Cantabria non oficial.

Iso si, tanto sábado como domingo poidemos gozar dunha amplísima demostración de folklore cántabro: música, baile, traxes, sobaos, quesadas, bois, cans, zocos… digno de ver e probar. E dende o sábado pola tarde até o luns pola mañá actividade ininterrumpida nos pubs e barras externas con especial abundancia de Reggaeton machacón xaquecón. Só se salvan, dende o meu humilde punto de vista, o bar Indiano e o pub El Escudo.

Á mañá do luns despedíame das curmás mediterráneas e poñiamos rumbo a Gallaecia.

[Banda sonora: Joxe Ripiau – positive bomb]

Dia de Cantabria (llegir en català) => (more…)