Día de Cantabria

August 16, 2005

Quedei realmente impresionado. Non era esta a única casa de Cabezón de la Sal engalanada soamente con esta bandeira, nin moito menos. As bandeiras cántabras contábanse cos dedos dunha man. (Como estarán as galerías o Día de la Hispanidad?) E mentres o presidente de Cantabria, nesta mesma vila, alertaba ás montañesas e montañeses do perigo luciferino de que os malvados separatistas formulen un órdago á unidade de España. España roja y rota!!. En fin.

Nun recuncho, ao final da Avenida (Avenida Generalísimo, por certo), un rapaz con bandeira de Galiza no peito vendía chapas, adhesivos e camisolas coa bandeira de Cantabria non oficial.

Iso si, tanto sábado como domingo poidemos gozar dunha amplísima demostración de folklore cántabro: música, baile, traxes, sobaos, quesadas, bois, cans, zocos… digno de ver e probar. E dende o sábado pola tarde até o luns pola mañá actividade ininterrumpida nos pubs e barras externas con especial abundancia de Reggaeton machacón xaquecón. Só se salvan, dende o meu humilde punto de vista, o bar Indiano e o pub El Escudo.

Á mañá do luns despedíame das curmás mediterráneas e poñiamos rumbo a Gallaecia.

[Banda sonora: Joxe Ripiau – positive bomb]

Dia de Cantabria (llegir en català) => (more…)