Se vas para o Ribeiro…

August 12, 2005

... vai por Ribadavia, di a cantiga. Non tiña nin idea de que existía o barrio xudeu. O único que coñecía desta vila era o cartel da Festa da Istoria.
E se vas por Ribadavia pasa pola Taberna A Papuxa. Un lugar dos de antes, auténtico a máis non poder, dende as paredes (como a da foto) até @s clientes, pasando polas cuncas.
Que desgraza non saber valorar o viño. Vaia galego desarraigado, que non me gusta o viño nin o licor café (clandestino e da casa). Eu son máis de mosto e guaranito.
E voltando cara a casa soaba na miña mente: Primeiro Portomarín, logo Castrelo de Miño...

[Banda Sonora: Expensive Soul – b. i.]

Si vas cap a O Ribeiro… (llegir en català) => (more…)