Presidenta

July 20, 2005


Xa temos novA presidentA do Parlamento: Dolores Villarino. Teño que recoñecer, dentro da miña incultura, que non a coñecía de nada. A simple vista a min tenme un aire á segunda de Zapatero, De la Vega.

Non hai nada que me faga desconfiar da nova presi (ben, o certo é que si que teño unha certa prevención respecto á xente do PSOE, mais iso é unha mosca-tras-a-orella xeral).

O único que quería comentar é: Por que non lle propón alguén á Villarino que recupere a forma non deturpada do seu apelido? Non me digades que non pegaría moito máis nos diarios, nas teles, nos documentos Dolores Vilariño ou Dores Vilariño. O cambio do apelido podería valer de demostración dun novo xeito de entender a Normalización Linguística dende o goberno.

Seguro que na Mesa lle poderían botar unha man encantad@s.


Presidenta (llegir en català) =>

Ja tenim novA presidentA del Parlament: Dolores Villarino. He de reconèixer, dins de la meva incultura, que no la coneixia de res. A primer cop d’ull em sembla que té un aire a la segona de Zapatero, De la Vega.

No hi ha res que em faci descomfiar de la nova presi (bé, la veritat és que sí que tinc una certa prevenció respecte la gent del PSOE, però això és una mosca-darrera-la-orella general).

L’únic que volia comentar és: Per què no li proposa algú a Villarino que recuperi la forma no deturpada del seu cognom? No em digueu que no quedaría molt millor als diaris, teles i documents Dolores Vilariño o Dores Vilariño. El canvi de cognom podria valer de demostració d’una nova manera de entendre la Normalització Lingüística des del govern.

Segur que a la Mesa li podrian donar una má encantats/des.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://aouriceira.blogsome.com/2005/07/20/presidenta/trackback/

  1. Hehe, voulle encetar o espazo de comments ao Manoel! Que ilu tía!

    Concordo contigo Manoelinho, sería unha gran nova se trocara cando menos o apelido, tería moito espazo nos Media e a moita xente abriríanselle os ollos e tamén o farían.
    Podería ser un bo exemplo de cambio, (estilo PSOE: de cara a galería, con talante e sorrisos, moito bombo e sen gastar un peso do diñeiro público);pro daría lugar a un bo debate sobre Normalización e quen sabe?, se cadra ata se animaban no seu partido e o señor Paco deixaba de tocar os collós co L de marras. Que túzaro o tio!
    Nada, campaña da Mesa pra que se “galeguicen” os nomes de tódolos políticos do goberno,parlamento e concellos!, (mándalles ti un mail que eu tenho moito que chapar e non teño tempo ;P)

    Moi acertado o post, aínda se nos vai convertir nunha estrela do blogomillo o rapaz!

    Parabéns polo blog, penso que vai ser un sitio interesante, e tamén un lugar de encontro pros amigos espallados polo mundo, así saberemos máis uns dos outros.

    Saúde e Terra

    Castanhal

    Comment by Kinderkopje — July 20, 2005 @ 9:39 pm

  2. Probablemente o apelido sexa asturianu: Villarino. Qué tes contra os nosos primos-irmaus?

    Comment by Susiño da Veiga — September 1, 2005 @ 7:26 pm

  3. Teño a sensación de que Villarino debe de ser tan asturiano como Teijeiro ou Niño de la Guía

    Comment by Xabre — September 5, 2005 @ 11:23 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>