Carreiras de chapas

July 28, 2005

Xúrovos por ela e máis pola nai que me pariu que non collín a idea da ilustre María. Non sei que misteriosa conxunción de Planetas fixo posíbel esta casualidade. A foto saqueina ás 16:28 de hoxe.
A maioría das chapas que saen na foto son relativamente recentes, mais algunhas teñen unha longa historia, son da primeira vez que se puxeron de moda. Incluso algunhas proveñen de cando compartía colección cun curmán xornalista emigrante.
As dúas chapas de abaixo que non se distinguen moi ben por mor dos brillos son de Nocilla (grande agasallo do que estreou os comentarios da Ouriceira) e de NO a la Constitució Europea, mercada a un do Maresme nunha das últimas manifestacións barcelonesas. Do Festigal deste ano só son a da coroa e a de Shin-Chan.
Cada chapiña ten unha bonita historia detrás. E a camisola posiblemente garda a mellor de todas.
Vou durmir, que senon mañá diminúe o tempo de reacción do conductor!

Carreres de xapes (llegir en català) => (more…)

Día da Resaca Galega

July 26, 2005


Visto o panorama do domingo á noite polas rúas compostelás, ese podería ser un máis dos múltiples nomes do 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega...)

En xeral levei moi boa sensación do Festigal deste ano. Moita xente de todas as idades, moitas actividades interesantes e concertos de gran calidade. Só faltou ela.

Foron para destacar, na miña opinión, os directos de La Phaze, Expensive Soul e Dios Ke Te Crew. Mágoa que non puiden chegar ao da Safari Orquestra. Aínda que nunca oín a esta tropa, teñen ao seu favor boas críticas e o feito de que un curmán meu sexa parte integrante. Outra vez será.

E a Fragagá quédanlle dous días de presidente. Desta foi, carallo! Derrubamos ao creador do PP. Agora estaría ben que todo o partido se viñese abaixo en efecto dominó.

Felicidades a tod@s s galegs polo seu día grande.

Dia de la Resaca Gallega (llegir en català) => (more…)

Botade a lingua a pacer

July 21, 2005


Non deixedes de comentar na bitácora todo o que vos veña en gana, dende facer una crítica destructiva sobre un artigo ata contarme que existe unha nova salsa para o shawarma, por exemplo (que rico!).
Seica o comentario que deixedes non aparecerá no blog ata que eu o acepte como válido. Intentarei validalos o antes posíbel.
Vémonos! (ou lémonos)

Digueu la vostra

No deixeu de comentar a la bitàcora tot el que us vingui de gust, des de fer una crítica destructiva sobre un article fins explicar-me que existeix una nova salsa per al shawarma, per exemple (que bo!).
Sembla ser que el comentari que deixeu no apareixerà al blog fins que jo no l’accepti com a vàlid. Intentaré validar-los tan aviat com pugui.
Ens veiem! (o ens llegim)

Presidenta

July 20, 2005


Xa temos novA presidentA do Parlamento: Dolores Villarino. Teño que recoñecer, dentro da miña incultura, que non a coñecía de nada. A simple vista a min tenme un aire á segunda de Zapatero, De la Vega.

Non hai nada que me faga desconfiar da nova presi (ben, o certo é que si que teño unha certa prevención respecto á xente do PSOE, mais iso é unha mosca-tras-a-orella xeral).

O único que quería comentar é: Por que non lle propón alguén á Villarino que recupere a forma non deturpada do seu apelido? Non me digades que non pegaría moito máis nos diarios, nas teles, nos documentos Dolores Vilariño ou Dores Vilariño. O cambio do apelido podería valer de demostración dun novo xeito de entender a Normalización Linguística dende o goberno.

Seguro que na Mesa lle poderían botar unha man encantad@s.


Presidenta (llegir en català) => (more…)

Gústache conducir?

July 18, 2005


En ausencia de agentes de circulación o para auxiliar a éstos, y en las circunstancias y condiciones establecidas, la Policía Militar podrá regular la circulación, y el personal de obras en la vía y el de acompañamiento de los vehículos en régimen de transporte especial podrá regular el paso de los vehículos mediante el empleo de las señales verticales de Detención obligatoria (STOP, R-2) y de Sentido obligatorio (R-400) incorporados a una paleta y, por este mismo medio, las patrullas escolares invitar a los usuarios de la vía a que detengan su marcha.

Ou o que é o mesmo, como entreterse nun verán cando (milagre da nosa señora da barca) non queda ningunha asignatura colgada para setembro. O apaixoante mundo do Reglamento de circulación.

T’agrada conduïr?
O el que és el mateix, com entretenir-se un estiu quan (miracle de Nosa Señora da Barca) no queda cap assignatura penjada per a setembre. L’apassionant món del Reglament de circulació.

Protected: Fotos dels Campaments

This post is password protected. To view it please enter your password below:

Campaments!

Poc a poc penjaré algunes de les millors fotos dels Campaments de Prat de Comte i Núria, així us les podreu descarregar i no hauré de enviar-les a cadascú.
Per a veure-les haureu d’introduïr una clau que us enviaré per email.

De moment aqui teniu l’HIMNE! (l’apoteosi del freakisme geològic)

Himne de Prat de Comte.

Perdut en l’inmens Prat de Comte,
les mans al mapa i al martell.
Perdut en l’inmens Prat de Comte,
sols penso en trobar el meu contacte.

De nit estirat jo somio,
que el profe no podrà venir.
De nit estirat jo somio,
que ja no hem caldrà fugir.

Fent tombarelles jo baixava,
aquelles costes de Prat de Comte.
Cagum Déu com hi anava,
morats, esgarrinxades i sang.

Contents tots els geolegs canten,
ja veuen la fi dels seus mals.
Contents tots els geolegs canten,
les capes són horitzontals.

Cançó per Xavier Colell i Pere Domènech
Melodia de “Perdut en l’inmensa mar blava”


Campamentos! (ler en galego) => (more…)

Benvidas e benvidos !!

July 15, 2005

Agora mesmo, dende Nou Barris, Barcelona, acabo de estrear blog. Aínda non sei nadar nesta procelosa mar das ondas wi-fi. Agora marcho para o Baix Empordà (“Costa Brava”). Mañá longa viaxe cara Galiza. Volvo á orixe.
Seguiremos informando. :)

Benvingudes i benvinguts !!
Ara mateix, des de Nou Barris, Barcelona, he estrenat aquest blog. Encara no sé nedar en aquesta “procelosa mar de les ones” wi-fi. Ara marxo cap al Baix Empordà (“Costa Brava”). Demà llarg viatge cap a Galiza. Torno a l’origen.
Seguirem informant. :)