Novas anotacións en ouriceira.com | Nous posts a ouriceira.com
April 26, 2006Novas anotacións en ouriceira.com
Nous posts a ouriceira.com
Novas anotacións en ouriceira.com
Nous posts a ouriceira.com

(www.nytimes.com)
He de reconèixer que no he fet gaire esforç per informar-me de tot el que es refereix a aquest nou fort toc d’atenció que ha donat la Terra. Potser penseu que sóc un frívol, però quan ocorren aquest tipus de catàstrofes sempre entro en contradicció entre el desconsol i la fascinació.
Avui, després d’un agradable dinar , m’han parlat d’aquesta opinió d’en Barreiro Rivas, que de vegades l’encerta just al lloc on fa mal.
Si voleu llegir-ne més, aquí hi ha algú que ho viu a prop.
[Banda Sonora: The Strokes – is this it]
Outra de catástrofes (galego)
Teño que recoñecer que non fixen demasiado esforzo por informarme no que se refire a este novo forte toque de atención que deu a Terra. Supoño que pensaredes que son un frívolo, mais cando ocorren este tipo de catástrofes sempre entro na contradicción entre o desconsolo e a fascinación.
Hoxe, despois dun agradábel xantar, faláronme desta opinión de Barreiro Rivas, que ás veces acerta xusto onde doe.
Se queredes ler máis, aquí hai alguén que o está vivindo de perto.

Unha boa amiga envíame este artigo de Ignacio Ramonet.
Nesta tarde de apatía non sei que comentar ao respecto, así que vos deixo o traballo a vós, se queredes, claro.
[Banda Sonora: Fito y Fitipaldis – lo más lejos a tu lado]
Que podem fer? (català)
Una bona amiga m’envia aquest article de l’Ignacio Ramonet.
En aquesta tarda d’apatia no sé pas que comentar al respecte, o sigui que us deixo la feina a vosaltres, si us vé de gust, és clar.

Ara que arriba setembre i comença un nou curs, ja podeu veure les millors fotos de Prat de Comte 2005. En total són 32 i es troben a http://www.flickr.com/photos/aouriceira/.
Si, a més, voleu veure les fotos a les quals hi apareix gent (14 fotos) digueu-m’ho deixant un comentari a aquest article o enviant-me un email.
Pròximament començaré a penjar les fotos de la Vall de Núria. Estigueu alerta!
Máis fotos dos campamentos (galego)
Agora que chega setembro e comeza un novo curso, xa podedes ver as mellores fotos de Prat de Comte 2005. En total son 32 e podédelas atopar en http://www.flickr.com/photos/aouriceira/.
Se, ademais, queredes ver as fotos nas que aparece xente (14 fotos) dicídemo deixando un comentario neste artigo ou enviándome un email.
Proximamente comezarei a colgar as fotos de Vall de Núria. Estade atent@s!

(...)
Arde Galicia
co lume forestal,
tamén arden os teus ollos
con pupilas de metal.
E cando os teus ollos queiman
tanto che me ten.
E tanto che me ten, ven!
e tanto che me ten, vai!
Vai,
e ven,
vai e ven e baila
do dereito e do revés
Tacón, tacón,
tacón, punta, tacón.
(...)
[Banda Sonora: Os Resentidos – Sitio Distino]
Ás veces semella que o tempo non pasa.
Como diría María: Vía sihomesi.
P.S.: Tamén vía Cristina Narbona Ruiz & company.

Es crema Galiza (català)
De vegades sembla que el temps no passa.
Com ho diria la María: via sihomesi.
P.S.: També via Cristina Narbona Ruiz & company.
Holywater é o grupo que me pon os pelos de punta unha e outra vez. Dende o primeiro concerto (xa non lembro cando), dende a primeira maqueta, alá polo ano 1999, é a música que me conmove como ningunha outra. As súas cancións acompañáronme sempre nos díficiles anos da adolescencia, cando por máis que procuraba non era capaz de atoparme. Estiveron comigo nalgún amor e en todos os desamores…
[Banda Sonora: Holywater – sides]
Holywater és el grup que em posa la pell de gallina una vegada i una altra. Des del primer concert (ja no m’enrecordo quan), des de la primera maqueta, allà per l’any 1999, és la música que em commou com no ho fa cap altra. Les seves cançons em van acompanyar sempre en els anys difícils de l’adolescència, en aquell temps en el qual no em trobava per molt que em cercava. M’han fet costat en algun amor i en tots els desamors…

A festa de onte asemellábase á “revolución” de Yushenko. A cor laranxa invadiu a terra de Ánxel Fole. E no xantar, nos contos, nos xogos, nos concertos había case tanta rapazada vasca e catalá como galega.
Aproveitamos o día para facer unha excursión polo Val do Incio. Sigo pensando que é un paraíso, un remanso de paz que por sorte aínda non sucumbiu ao poder omnímodo do eucalipto.
Xa á noite ceamos un riquísimo bocata de lacón (non foi bocadelo de tortela) e mentres tentaba comunicar con aquela luz do mediterráneo comezaron os concertos. Notouse que Xarín si que son profetas na súa terra e coa novidade de Iria no violín (Lucus power!) montaron un concerto de gran calidade. Compartiron escea despois Arán e Mackfeck e o resultado foi moi interesante. Especial sobre todo a cantante irlandesa galegofalante. Non puiden ver a Dixebra porque se nos botou tarde, e hoxe tocábame conducción temeraria pola mañá.
E agora dedicación intensa ao manual de circulación ata o día 2.
[Banda Sonora: Los Planetas – contra la ley de la gravedad]
Mestissatge sota els castanyers (català)
La festa d’ahir semblava la “revolució” de Yushenko. El color taronja va envair la terra d’Ánxel Fole. I al dinar, als contes, als jocs, als concerts hi havia gairebè tant de jovent basc i català com de gallec.
Vam aprofitar el dia per a fer una excursió pel Val do Incio. Segueixo pensant que es un paradís, un racó pacífic el qual per sort encara no ha caigut davant el poder omnìmode de l’eucalipte.
Ja a la nit vam sopar un bonísim entrepà de lacón i mentre intentava comunicar-me amb aquella llum de la mediterrània van començar els concerts. Es va notar que Xarín sí que són profetes a casa seva i amb la novetat d’Iria amb el violí (Lucus power!) van muntar un concert de gran qualitat. Després van compatir escena Arán i Macfeck i el resultat va ser molt interessant. Especial sobre tot la cantant irlandesa “galegofalante”. No vaig poder veure Dixebra perquè van fer tard, i avui em tocava conducció temerària pel matí.
I ara dedicació intensa al manual de circulació fins el día 2.

(www.viamichelin.com)
Veña, que aínda estades a tempo de mercar unhas empanadas e unirvos. Vémonos no Incio.
Vimos de moi longas terras, vimos da terra da xesta…
[Banda Sonora: Xarín – gaiteiros do Incio]
Repeteixo: no falteu (català)
Vinga, que encara esteu a temps de comprar unes empanades i afegir-vos. Ens veiem a O Incio.

...ou en galego retroalimentación. Había xa un tempo que coñecía este blog mais aínda non fixera ningunha referencia a el. Botádelle un ollo. É entretido e ten un punto retranqueiro moi bo.
Ah, por certo, quixera dicirvos a tod@s e especialmente a O’Xirarei que aínda que pareza incríbel o orozquismo supérase a si mesmo. Aquí podedes ver a última. Eu, que vivo (agora só en vacacións) ao lado da Fonte dos Ranchos e tiven que aturar durante anos o nome franquista de Plaza del Ejército Español, non o podo crer.
[Banda Sonora: Franz Ferdinand – franz ferdinand]
Feed-back (català)
... o en català retroalimentació. Feia ja un temps que coneixia aquest blog però encara no havia fet cap referència a ell. Doneu-li un cop d’ull. És entretingut i té un punt d’humor molt bo.
Ah, per cert, vull dir-vos, especialment a O’Xirarei que encara que sembli increïble l’orozquisme se supera a ell mateix. Aquí podeu veure l’última. Jo, que visc (ara només per vacances) al costat de A Fonte dos Ranchos i he hagut de suportar durant molts anys el nom franquista de Plaza del Ejército Español, no m’ho puc creure.

Pois iso. O máis enternecedor, para min, as imaxes de Antón e Facundo, quizais porque é un recordo de infancia. Boto de menos a aquel paisano da boina. Tranquilidá...
[Banda Sonora: Morodo – cosas que contarte]
Memòria (català)
Doncs això mateix. El més entendridor, per a mi, les imatges d’Antón i Facundo, potser perqué és un record d’infantesa. Trobo a faltar a aquest pagès de la boina. Tranquilidá...

Esta é a bebida que está chamada a substituir á Coca-Cola. Nin Pepsi, nin cola Gold (a do mítico Continente) nin farrapos de gaita.
De comercio, o xusto. E de sabor, sobrada. De momento xa o podemos atopar na cidade bimilenaria. Que eu saiba: na Cova da Terra e no Emo (Rúa das Nóreas) e máis no Candonga (Campo Castelo).
Agora só falta que nolo sirvan en certos sitios coma este ou este.
[Banda Sonora: Ojos de Brujo – barí]
Serà el guaranà? (català)
Aquesta és la beguda que ha de substituir a la Coca-Cola. Ni Pepsi, ni cola Gold (la del mític Continente) ni farrapos de gaita*.
De comerç, el just. I de sabor, sobrada. De moment ja el podem tastar a la ciutat bimilenaria. Que jo sàpiga: a la Cova da Terra i al Emo (Rúa das Nóreas) i també al Candonga (Campo Castelo).
Ara només falta que ens el serveixen en determinats llocs com aquest o aquest.
*Farrapos de gaita, expressió despectiva que s’utilitza per a indicar el nul valor d’una cosa.

Vantaxes do festival:
Paisaxe impresionante.
Carballeiras e soutos con boísimas sombras para xantar e botar a sesta.
O río Cabe.
Unha colega da facultade, que coñecín en Barcelona, resultou ser do Incio! E está na organización da festa.
Tocarán os gaiteiros máis aunténticos que coñezo.
O cartel é da cor preferida da mañica máis riquiña do mundo.
Camisolas á venda!
A Palleira, esa tasca-pub poderosa!
Actuación de regueifeiros = risas aseguradas.
Seica ao alcalde pepeiro non lle fai moita graza o festival.
E podería seguir!
[Banda Sonora: Heredeiros da Crus – chicarrón]
Terra Brava 2005! (llegir en català) => (more…)
Grazas a esta concelleira por dicir en alto o que moit@s pensamos. A noticia aparece en La Voz de Galicia. Eu engado que non estaría mal facer folletos e entradas en euskera e catalán, xa que son dúas linguas de países cos que compartimos estado e moitas outras cousas, e dos que recibimos abond@s visitantes. Teño que dicir que me gustou a visita teatralizada e serviume para descubrir algunhas cousas sobre a cidade que descoñecía. Dende logo esta cidade merece ser vista. [Banda sonora: Safari Orquestra feat. Andrés do Barro – Teño saudade]
L’encant de Neves (llegir en català) => (more…)

TENIS s.m. 3. p.ext. Calzado para xogar a calquera deporte
(Gran Diccionario Xerais da Lingua)
É unha mágoa, mais este nome tan auténtico e tan lugués está case desaparecido do vocabulario xuvenil actual. Todo comezou cando se puxeron á venda uns tenis que non eran exactamente deportivos, senón máis ben encamiñados a lucir polas rúas. Era o que se veu coñecendo, quizais por influencia catalá, como “bambas”.
Só se lles seguía chamando tenis aos modelos máis clásicos de calzado deportivo. Pero por aí tamén perdeu terreo o termo patrimonial: os novos tenis, especiais para atletismo, fútbol ou outros, como eran tan modernos, recibiron o nome de “zapatillas de deporte”, “zapatillas de clavos”, “botas de tacos”...
E nisto chega El Canto del Loco, que como tod@s sabedes son os máis radicais do mundo mundial, e quéixanse de que non lles deixan entrar nos garitos con zapatillas. Como dicía unha crítica dun xornal: se esa é unha canción de crítica social, apagha e vámonos. Eu sempre pensei que os sitios onde che obrigan a entrar con zapatos non merecen nin que pases por diante.
Ao que vou: agora toda a poboación galega repetidora de retrousos de Los 40 (a inmensa maioría) canta esa carallada das zapatillas; a verba tenis está condeada ao esquecemento.
Aquí queda, a modo de peza de museo etnográfico, a foto duns auténticos tenis, desa mítica marca que na infancia denominabamos “Jota jáiber” (pronúnciese en castelán).
[Banda sonora: Arianna Puello – gancho perfecto]
Els “tenis” (llegir en català) => (more…)
Quedei realmente impresionado. Non era esta a única casa de Cabezón de la Sal engalanada soamente con esta bandeira, nin moito menos. As bandeiras cántabras contábanse cos dedos dunha man. (Como estarán as galerías o Día de la Hispanidad?) E mentres o presidente de Cantabria, nesta mesma vila, alertaba ás montañesas e montañeses do perigo luciferino de que os malvados separatistas formulen un órdago á unidade de España. España roja y rota!!. En fin.
Nun recuncho, ao final da Avenida (Avenida Generalísimo, por certo), un rapaz con bandeira de Galiza no peito vendía chapas, adhesivos e camisolas coa bandeira de Cantabria non oficial.
Iso si, tanto sábado como domingo poidemos gozar dunha amplísima demostración de folklore cántabro: música, baile, traxes, sobaos, quesadas, bois, cans, zocos… digno de ver e probar. E dende o sábado pola tarde até o luns pola mañá actividade ininterrumpida nos pubs e barras externas con especial abundancia de Reggaeton machacón xaquecón. Só se salvan, dende o meu humilde punto de vista, o bar Indiano e o pub El Escudo.
Á mañá do luns despedíame das curmás mediterráneas e poñiamos rumbo a Gallaecia.
[Banda sonora: Joxe Ripiau – positive bomb]
Dia de Cantabria (llegir en català) => (more…)
... vai por Ribadavia, di a cantiga. Non tiña nin idea de que existía o barrio xudeu. O único que coñecía desta vila era o cartel da Festa da Istoria. E se vas por Ribadavia pasa pola Taberna A Papuxa. Un lugar dos de antes, auténtico a máis non poder, dende as paredes (como a da foto) até @s clientes, pasando polas cuncas. Que desgraza non saber valorar o viño. Vaia galego desarraigado, que non me gusta o viño nin o licor café (clandestino e da casa). Eu son máis de mosto e guaranito. E voltando cara a casa soaba na miña mente: Primeiro Portomarín, logo Castrelo de Miño... [Banda Sonora: Expensive Soul – b. i.] Si vas cap a O Ribeiro… (llegir en català) => (more…)
A 1000 km [Ben Harper – another lonely day] Yes indeed I’m, alone again And here come emptiness, crashing in Its either love or hate I cant find in between Cuz I’ve been with witches and I have been with a queen It wouldn’t have worked out anyway So now it’s just another lonely day (yeah eh) Further along we just may But for now its just another lonely day Wish there was something I could say or do I can resist anything but the temptation from you But I’d rather walk alone then chase you around I’d rather fall myself then let you drag me on down It wouldn’t have worked out anyway And now its just another lonely day (yeah eh) Further along we just may But for now its just another lonely day Yesterday seems like a life ago Cuz the one I love today I hardly know You I held so close in my heart oh dear Grow further from me with every fallin’ tear It wouldn’t have worked out anyway So now its just another lonely day (eh eh) Further along we just may But for now its just another lonely day
Xúrovos por ela e máis pola nai que me pariu que non collín a idea da ilustre María. Non sei que misteriosa conxunción de Planetas fixo posíbel esta casualidade. A foto saqueina ás 16:28 de hoxe. A maioría das chapas que saen na foto son relativamente recentes, mais algunhas teñen unha longa historia, son da primeira vez que se puxeron de moda. Incluso algunhas proveñen de cando compartía colección cun curmán xornalista emigrante. As dúas chapas de abaixo que non se distinguen moi ben por mor dos brillos son de Nocilla (grande agasallo do que estreou os comentarios da Ouriceira) e de NO a la Constitució Europea, mercada a un do Maresme nunha das últimas manifestacións barcelonesas. Do Festigal deste ano só son a da coroa e a de Shin-Chan. Cada chapiña ten unha bonita historia detrás. E a camisola posiblemente garda a mellor de todas. Vou durmir, que senon mañá diminúe o tempo de reacción do conductor! Carreres de xapes (llegir en català) => (more…)
Visto o panorama do domingo á noite polas rúas compostelás, ese podería ser un máis dos múltiples nomes do 25-J (Día do Apóstolo, Día de Galicia, Día da Patria Galega...) En xeral levei moi boa sensación do Festigal deste ano. Moita xente de todas as idades, moitas actividades interesantes e concertos de gran calidade. Só faltou ela. Foron para destacar, na miña opinión, os directos de La Phaze, Expensive Soul e Dios Ke Te Crew. Mágoa que non puiden chegar ao da Safari Orquestra. Aínda que nunca oín a esta tropa, teñen ao seu favor boas críticas e o feito de que un curmán meu sexa parte integrante. Outra vez será. E a Fragagá quédanlle dous días de presidente. Desta foi, carallo! Derrubamos ao creador do PP. Agora estaría ben que todo o partido se viñese abaixo en efecto dominó. Felicidades a tod@s
s galegs polo seu día grande. Dia de la Resaca Gallega (llegir en català) => (more…)
Non deixedes de comentar na bitácora todo o que vos veña en gana, dende facer una crítica destructiva sobre un artigo ata contarme que existe unha nova salsa para o shawarma, por exemplo (que rico!). Seica o comentario que deixedes non aparecerá no blog ata que eu o acepte como válido. Intentarei validalos o antes posíbel. Vémonos! (ou lémonos) Digueu la vostra No deixeu de comentar a la bitàcora tot el que us vingui de gust, des de fer una crítica destructiva sobre un article fins explicar-me que existeix una nova salsa per al shawarma, per exemple (que bo!). Sembla ser que el comentari que deixeu no apareixerà al blog fins que jo no l’accepti com a vàlid. Intentaré validar-los tan aviat com pugui. Ens veiem! (o ens llegim)
Xa temos novA presidentA do Parlamento: Dolores Villarino. Teño que recoñecer, dentro da miña incultura, que non a coñecía de nada. A simple vista a min tenme un aire á segunda de Zapatero, De la Vega. Non hai nada que me faga desconfiar da nova presi (ben, o certo é que si que teño unha certa prevención respecto á xente do PSOE, mais iso é unha mosca-tras-a-orella xeral). O único que quería comentar é: Por que non lle propón alguén á Villarino que recupere a forma non deturpada do seu apelido? Non me digades que non pegaría moito máis nos diarios, nas teles, nos documentos Dolores Vilariño ou Dores Vilariño. O cambio do apelido podería valer de demostración dun novo xeito de entender a Normalización Linguística dende o goberno. Seguro que na Mesa lle poderían botar unha man encantad@s. Presidenta (llegir en català) => (more…)
En ausencia de agentes de circulación o para auxiliar a éstos, y en las circunstancias y condiciones establecidas, la Policía Militar podrá regular la circulación, y el personal de obras en la vía y el de acompañamiento de los vehículos en régimen de transporte especial podrá regular el paso de los vehículos mediante el empleo de las señales verticales de Detención obligatoria (STOP, R-2) y de Sentido obligatorio (R-400) incorporados a una paleta y, por este mismo medio, las patrullas escolares invitar a los usuarios de la vía a que detengan su marcha. Ou o que é o mesmo, como entreterse nun verán cando (milagre da nosa señora da barca) non queda ningunha asignatura colgada para setembro. O apaixoante mundo do Reglamento de circulación. T’agrada conduïr? O el que és el mateix, com entretenir-se un estiu quan (miracle de Nosa Señora da Barca) no queda cap assignatura penjada per a setembre. L’apassionant món del Reglament de circulació.
Poc a poc penjaré algunes de les millors fotos dels Campaments de Prat de Comte i Núria, així us les podreu descarregar i no hauré de enviar-les a cadascú. Per a veure-les haureu d’introduïr una clau que us enviaré per email. De moment aqui teniu l’HIMNE! (l’apoteosi del freakisme geològic) Himne de Prat de Comte. Perdut en l’inmens Prat de Comte, les mans al mapa i al martell. Perdut en l’inmens Prat de Comte, sols penso en trobar el meu contacte. De nit estirat jo somio, que el profe no podrà venir. De nit estirat jo somio, que ja no hem caldrà fugir. Fent tombarelles jo baixava, aquelles costes de Prat de Comte. Cagum Déu com hi anava, morats, esgarrinxades i sang. Contents tots els geolegs canten, ja veuen la fi dels seus mals. Contents tots els geolegs canten, les capes són horitzontals. Cançó per Xavier Colell i Pere Domènech Melodia de “Perdut en l’inmensa mar blava” Campamentos! (ler en galego) => (more…)
Agora mesmo, dende Nou Barris, Barcelona, acabo de estrear blog. Aínda non sei nadar nesta procelosa mar das ondas wi-fi. Agora marcho para o Baix Empordà ("Costa Brava"). Mañá longa viaxe cara Galiza. Volvo á orixe. Seguiremos informando.
Benvingudes i benvinguts !!
Ara mateix, des de Nou Barris, Barcelona, he estrenat aquest blog. Encara no sé nedar en aquesta "procelosa mar de les ones" wi-fi. Ara marxo cap al Baix Empordà ("Costa Brava"). Demà llarg viatge cap a Galiza. Torno a l’origen. Seguirem informant.